somos-os-da-casa-header

Coma na casa en ningún sitio

O mundo está cheo de verdades universais pero poucas son máis certas ca esta, xa que á nosa casa é única grazas a quen está nela.

De feito, o fogar é o único lugar do universo no que nós eliximos aos protagonistas, no que nós decidimos quen entra e quen non. Un refuxio no que nós, e só nós, marcamos as normas que rexen.

No Tanatorio das Gándaras de Serfuja sabemos o valor de ser da casa. Porque ser a única empresa local do sector en Lugo implica coñecer, mellor ca ninguén, como sentimos e como vivimos os de aquí.

Por iso queremos reivindicar con esta iniciativa o compromiso dos que somos os da casa, os que ollamos á vida (e á morte) co carácter singular que nos dá a nosa condición de empresa familiar. Tres xeracións que, acompañados por un gran equipo humano, impulsamos un servizo fúnebre de calidade sen perder a esencia de ser da casa.

Porque ser da casa é o máis noso que hai. É algo que se leva moi dentro, dende o primeiro momento ata o último. Precisamente nese derradeiro intre é cando se valora especialmente o trato humano e a atención persoalizada.

E todo isto é unha verdade coma unha casa.

sofa-home-1200x800