Co Breogán

No marco do programa de actividades de ‘Somos os da casa’, o tanatorio As Gándaras de Serfuja promove unha serie de experiencias vencelladas ao Club de Baloncesto Breogán, do que é patrocinador por terceira tempada consecutiva.

De feito, na presentación desta iniciativa participaron tanto o director deportivo deste equipo, Tito Díaz, como Sergi Quintela, xogador do Breogán. Ambos os dous, naturais de Lugo, téñense convertido xa en referentes para os afeccionados deste club de baloncesto, que na actualidade loita por recuperar a súa posición na ACB.

Ao longo dos vindeiros meses desenvolveranse varias actividades nas que os breoganistas poderán participar de balde neste proxecto impulsado polo tanatorio As Gándaras de Serfuja e no que os integrantes do club de baloncesto terán tamén un papel moi activo.

co-breogan-1200x800

Deste xeito, o tanatorio As Gándaras de Serfuja continúa na mesma liña da campaña pasada, na que, grazas á ProAm que organizou co Breogán, preto de medio cento de afeccionados tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia única de poder adestrar cos seus ídolos e tamén de coñecer recunchos do Pazo dos Deportes que habitualmente só están ao alcance dos xogadores.

proam-1200

Tamén dentro do acordo de patrocinio co equipo de baloncesto, Serfuja promoveu que os máis novos da casa puidesen achegarse aos xogadores en varios centros educativos de Lugo. Así, máis de 200 escolares entrevistaron aos integrantes do Breogán nun formato de proximidade que rematou cunha fotografía para a lembranza.

colegio-1200x800

Finalmente, o tanatorio As Gándaras de Serfuja tamén regalou a medio milleiro de breoganistas unha camiseta co slogan Co Breo ata a morte, unha iniciativa coa que a empresa fai fincapé no compromiso firme dos afeccionados.