Quen somos

O Tanatorio As Gándaras da empresa Serfuja destaca pola prestación dun servizo integral de calidade grazas ao cal os seres queridos dunha persoa poden afrontar un momento tan difícil coa certeza de poder delegar todos os trámites en profesionais cun acreditado coñecemento do sector.

Nesa liña, esta empresa pon a disposición dos lugueses unhas modernas e luminosas instalacións nas que presta servizos funerarios e de tanatorio, así como de crematorio, converténdose na única firma do polígono das Gándaras que conta cun forno propio nas súas instalacións.

Ademais de polo seu equipo humano, o que conta cun maior número de tanatopractores acreditados de Lugo, o tanatorio das Gándaras tamén destaca por ser o primeiro de toda España en incorporar unha cámara de conxelación. De feito, o tanatorio das Gándaras de Serfuja concilia o seu compromiso de modernización do servizo fúnebre co mellor da tradición grazas aos setenta anos de experiencia que acumula con tres xeracións da mesma familia implicadas na actividade.

Dende hai uns meses, o tanatorio das Gándaras de Serfuja é o único de todo o Concello de Lugo que está xestionado por unha empresa local, unha circunstancia que reforza o vínculo desta firma privada cos veciños de Lugo.

quen-somos-1200x800