Elixe a túa casa
Os da casa sabemos que Lugo é único. Pero aínda máis especial somos os lugueses, a xente que día a día cremos no noso. Por iso dende Serfuja As Gándaras queremos lanzar un reto colectivo onde ti sexas protagonista: queremos que constrúas canda a nós o mapa dos lugares únicos de Lugo.
Tes ata o 24 de marzo para explicarnos cal é o teu punto favorito da cidade e cal é a razón que o fai tan singular. Todas as propostas pasarán a formar parte dese gran mapa colectivo… E as catro máis orixinais terán un premio: a oportunidade de participar, con dous xogadores do Breogán, nunha visita específicamente deseñada por Guido Álvarez por ese Lugo único.
