Por que

¿Cantas veces escoitaches dicir que Lugo é unha cidade que morre? Nós, que vivimos da morte, sabemos que a vida de Lugo depende só do que nós, como lugueses, queiramos facer dela, da nosa casa.

Unha cuestión fundamental para que unha cidade ou unha vila teña futuro é, sen dúbida, a envergadura do seu tecido empresarial como dinamizador da actividade económica e social, así como dende a perspectiva da xeración de emprego. Por iso dende o tanatorio As Gándaras de Serfuja defendemos o valor da empresa local, máis aínda nun contexto coas características tan singulares coma o de Lugo.

Este é o motivo polo que nace ‘Somos os da casa’, unha iniciativa coa que subliñar o carácter do local, o valor do noso; do compromiso que compartimos os veciños e veciñas de Lugo co noso entorno máis inmediato.

por-que-1200x800